top of page

JULIA CAROU

Comecei no mundo da arte xa dende moi pequena inda que sempre tiven receo de mostrar o que facía, pero aprendín que se pode fallar e que o que nace de un non ten por que ser perfecto. Por iso intento dar o mellor de min e poñer en cada xoia e proxecto que fago todo o meu cariño.

 

Oxodia Xoias é moito máis que un proxecto persoal, é un espazo para apoiar e pór en valor a todos aqueles que coma min soñan en grande. O meu obxectivo non é só crear xoias, senón tamén dar visibilidade ao talento da nosa terra, a esas pequenas marcas e xentes de Galicia que fan cousas marabillosas, pero que moitas veces pasan desapercibidas.

bottom of page