top of page
unnamed (11).jpg

Esta colección nace dun pequeno proxecto que tiña en mente fai moito tempo. É a primeira que publico e nela quería mostrar os meus primeiros pasos no mundo da xoiaría e da arte. Sempre tiven receo de mostrar o que facía e aprendín que se pode fallar e que o que nace de un non ten por que ser perfecto. Aquí intento dar o mellor de min, así que como di o nome da colección, QUE TODO ARDA!

Cómo de importante é a saúde? E máis aínda, como de importante é a saúde mental? Con esta colección complementei un proxecto no que recollo frases persoais de xente que fala sobre o seu corpo. Gustaríame chegar a esas persoas, unha colección que só pretende dar ánimo e intentar que nos queiramos a nós mesmos un pouco máis, cun recheo de amor que poño en cada xoia que creo.

821A0084-3A84-4185-85F3-33FBFBE2C0A3 (1).jpeg

Na primavera todo muda sen facer ruído. As cores vólvense máis claras, a luz dura máis, e os detalles importan. Esta colección nace dese cambio discreto: pezas que recollen formas da natureza, tons suaves e texturas que lembran o paso do tempo. Son xoias feitas para levar cada día, como quen leva unha parte do mundo consigo: unha folla, unha flor, un intre calmo.

Esta colección nace das ganas que tiña de elaborar xoias inspiradas no verán, que tanto nos gusta a algúns. Quería aproveitar para mostrar que se poden facer xoias con residuos do mar e que toda a colección se podería facer con eles. É unha forma boa de limpar as praias e convertir o que non pertence a elas en arte.

unnamed (13).jpg
unnamed (4).jpg

O toxo é unha planta profundamente vencellada á identidade galega. Medra por toda a xeografía, desde os montes ata os camiños, e a súa flor amarela —brillante mesmo en inverno— é un dos sinais máis recoñecibles da paisaxe galega. Resistente, bravo e fermoso á súa maneira, representa a forza e o carácter da terra que o ve medrar.

Oxodia Xoias X Proxecto aMARte

"O mar é de plástico" é unha colección de xoias inspirada na beleza e á vez na traxedia dos océanos. As pezas denuncian a pegada do lixo mariño, convertendo os refugallos en arte. Un recordatorio brillante da urxencia de coidar o mar e reducir a contaminación.

unnamed (12).jpg
unnamed (13).jpg
SAN XOÁN

O San Xoán en Galicia é unha noite máxica, chea de tradicións, lume e meigallos. Recóllense herbas para poñer en auga e lavarse a cara ao día seguinte, para espantar as meigas e atraer a sorte. As risas, a música e os contos acompañan ata o amencer. É unha noite única, chea de tradicións e lembranzas que nunca se esquecen.

OXODIA
SOLIDARIA

En cada pedido superior a 8€, recibirás un ou varios lazos solidarios. Cada 8 lazos que gardes, farán un 25% de desconto en todo o catálogo (a excepción de xoias de venda exclusiva). Se consigues identificar un significado por cada lazo, o desconto será do 50%.

Fai unha doazón

Grazas pola túa doazón!

Bótalle un ollo a estas outras emprendedoras da ría de Muros e Noia!

image.png

AMORODO

Instagram: by.amorodo

Este é un proxecto artesá onde a natureza se transforma en arte. Aquí comparto o meu universo creativo: velas 100% naturais feitas á man, con coidada selección de aromas que evocan sensacións, estacións e recordos; e unha xoiaría inspirada en flores. Cada producto está elaborado con calma, coidado e reflexa unha conexión profunda co natural e esencial.

fc5deb93-fb12-4dee-8b64-4feb3d00d268.JPG

FÁLAME SEMPRE

Instagram: falame.sempre

Somos Fálame Sempre, un pódcast en jallejo formado por Ryan e Ainoa, dous rapaces da Serra de Outes, co obxectivo de dar voz aos talentos emerxentes, aos artistas locais e ás historias comunitarias.

Spotify: Fálame Sempre, un pódcast en galego.

Youtube: Fálame Sempre

IMG_6765.PNG

SUN.WELS

Instagram: sun.wels

Sun.wels é unha marca de xoiaría botánica que nace da nostalxia de querer gardar un recordo do efímero. Tódalas pezas encapsulan un anaquiño de natureza en resina para que poidas levalo sempre contigo en forma de multitude de xoias: pendentes, aneis, pinzas... Ademais, se tes algunha flor preservada dun recordo especial, Sun.wels encárgase de facer un recordo eterno personalizado!

IMG_6757 (1).jpg

ULA Libraría Social

Instagram: ula.librariasocial

ULA Libraría Social é un proxecto creativo e innovador que pretende poñer no centro que no rural tamén é posible. Cunha visión social e cultural da realidade, aposta polo cambio e o poder dos libros, para poder pintar o mundo de cores máis diversas. É unha libraría amiga e, por suposto, un lugar onde sempre será todo o mundo benvido.

IMG_6769_edited.jpg

ENTRE FÍOS

Instagram: __entrefios

Entre Fíos naceu co fin de crear e fomentar o uso de productos reutilizables, reducindo así os nosos residuos. Co paso dos anos fóronse incluíndo novos productos sin perder esa esencia de loitar polo sostible e a nosa contorna. A día de hoxe podes atopar dende discos desmaquillantes reutilizables. ata neceseres de distintos tipos, pasando por tote-bags, complementos para o pelo, compresas de tea ou cousiñas para bebés.

3yf30dnr.png

LUNARES VIOLETAS

Instagram: lunares_violetas_

Facemos mochilas de tela, tote-bags, babeiros, toallas, gorros, mandiles, camisetas, zapatillas de tela, e todo iso bordado a man.

gn2y9ko8.png

DOCE COLIÑO

Instagram: docecolino

Doce Coliño é un proxecto que xurde da necesidade de regresar ao mundo laboral e de dotar de servizos ao rural. É unha fusión de facetas de nai e profesional da educación. Neste proxecto conviven dous espazos: unha pequena tenda destinada á venta de productos de infancia e maternidade, xogos e material educativo; e unha salita na que teñen lugar diferentes actividades e obradoiros tanto para pequenos, familias ou como público en xeral.

unnamed (1).jpg

MEIGHA

Instagram: naturalmentemeigha

Meigha nace do desexo de coidar a saúde e volver ó natural, despois de enfrontar algúns problemas que me fixeron replantealo todo. Hoxe, grazas a ese camiño, acompaño a outras persoas que tamén queren vivir dunha forma máis consciente e menos tóxica. Así, axúdoche a transformar o teu fogar nun espazo máis saudable e a coidar o teu corpo con productos naturais, geitos con amor e respeto pola vida.

Tiktok: naturalmente_meigha

unnamed (6).jpg

BANDIDA

Instagram: bandida.cult

Bandida nace como unha homenaxe á cultura urbana española e galega das décadas pasadas. Ofrece unha gama de complementos e prendas confeccionadas e deseñadas á man, entre as que destaca a súa nova colección de rosarios personalizados. O sentimento de pertenza que transmite Bandida refícteo a través de iconos e símbolos culturais costumistas, creando un estilo ligado ás subculturas e á tradición.

unnamed (7).jpg

MOIRA

Instagram: moira.creativa

En Moira facemos marketing consciente con honestidade e compromiso, traballando de forma cooperativa e multidisciplinar para crear conexións auténticas coa nosa audiencia.

Son Estela e acompaño persoas e familias a conectar consigo mesmas a través do ioga, o mindfulness e o autocoñecemento. Levo máis de 20 anos ofrecendo espazos de coidado, movemento consciente e transformación persoal. Creo que cada persoa leva dentro unha luz que merece brillar, e estou aquí para acompañarte a agrandecela.

unnamed (8).jpg

ALMA HENKO

Instagram: alma_henko_estelagarcia

unnamed (9).jpg

MAKI

MAKI é o nome que lle dou aos meus proxectos de deseño, e ven do meu apelido: Maquieira. Despois de estudar Deseño de Produto, comecei a desenvolver pequenos proxectos que combinan o deseño gráfico (sobre todo cartelería e logotipos) co deselo de produto (mobiliario, pequenos obxectos). Sempre procuro que en todo o que fago haxa un anaquiño da nosa terra: Galicia :)

Instagram: maki.things

unnamed (10).jpg

ATESOURADA

En Atesourada fago complementos con resina e flores naturais, principalmente pendentes, colares e aneis. Levo 4 anos facéndoo como hobbie pero dende hai ano e medio é o meu traballo.

Instagram: atesourada

unnamed (11).jpg

BYE LAURINHA

Instagram: byelaurinha

En Byelaurinha trabállase para realzar a beleza. Peluquería e estética.

C0CABF82-7C61-4E09-970E-78CB03D68559.JPG

ADISBISMUR

Somos ADISBISMUR, unha asociación que leva dende 1982 traballando para mellorar a vida das persoas con discapacidade. Nacemos porque daquela non había apoio ningún. Ao noso centro veñen persoas de diversas partes, e actualmente atendemos a arredor de 50 persoas que participan en moitísimas actividades e servizos (talleres ocupacionais, viveiros e horto ecolóxico, centro especial de emprego, e máis). Queremos unha sociedade onde tódalas persoas teñan as mesmas oportunidades e traballamos con moito corazón, coa axuda de profesionais, voluntariado e as familias, para que cada día sexa mellor.

Instagram: adisbismur

PHOTO-2025-04-23-12-28-14.jpg

ELENA SIEIRA

Teléfono: 679312701

Técnico Superior en Estética e Quiromasaxista. Masaxes de relaxación, pernas cansadas, etc. Limpezas de cute, tratamentos faciais...

unnamed (12).jpg

ARU.ESTUDIO

Aru.estudio é un proxecto artístico que mistura técnicas de bordado sobre material de arquivo, co obxectivo de explorar o diálogo entre téxtil e imaxe. A través de obradoiros e intervencións artísticas, búscase xerar espazos de encontro onde a creación en comunidade permita resignificar historias e tecer vínculos.

Instagram: aru.estudio

unnamed (14).jpg

FIOLETT

instagram: c.fiolett

Servizo de uñas semipermanentes e acrílicas, que inclúe pedicuras completas e esmaltados tradicionais. Tamén se realizan maquillaxes para eventos.

unnamed (1).png

NOIA LIMPA

A través de diversas iniciativas, como as saídas de limpeza, contribruímos a un medio ambiente máis limpo e saudable.
Tamén organizamos obradoiros onde educamos e involucramos aos residentes en prácticas medioambientais sostibles e responsables.
O noso traballo beneficia tanto ás xeracións actuais como ás futuras, facendo de Noia e os seus arredores un lugar mellor para vivir e gozar.

Instagram: noialimpa

bottom of page